• E008 - Random de nadal

    En Random de nadal comezamos soñando alto, na mítica cumbre do K2, e rematamos en Ponferrada, porque somos xente humilde que coñece os seus límites. Falamos de educación porque gústanos adoutrinar ás masas na idea de que é o único camiño ao futuro, pero logo confundimos Cerceda con Cedeira porque aprender é equivocarse. Se queres pasar un anaco de tempo entretido, este é o teu podcast... ou non, se cadra non, pero ti dálle unha oportunidade a ver que tal.

    1h 20m | Dec 25, 2021
  • E007 - Reiniciando

    Reiniciando é un capítulo do podcast Aquí hai tema ideal para as persoas que rexeitan a concreción. Os temas sucédense con rapidez: o reencontro dos compañeiros de podcast despois de máis dun ano, anécdotas persoais, dereitos laborais en Francia, Coruña como Pedra Rosetta para entender o rueiro de Madrid, traballos tenebrosos, convencionais, quentes... e unha infinidade de temas máis que saen disparados das nosas bocas e que tan só teñen un fío común: pasalo ben, rir e aprender algo polo camiño.

    1h 10m | Oct 26, 2021
  • E006 - Especial verán 2021

    Capítulo especial de verán para contarlle ao mundo que seguimos por aquí, e que volveremos despois do parón de case un ano sen publicar ningún capítulo.

    Neste episodio Juan cóntanos algún plan interesante para facer en verán tanto en Galicia coma no estranxeiro.

    Así que se este verán tiñas pensado viaxar á cidade do Porto en Portugal, ou á zona sur da Ría de Arousa, non deixes de escoitar as súas recomendacións!

    Ademais e como bonus extra, comentamos o que máis nos chamou a atención dos Xogos Olímpicos que acaban de rematar.

    29m | Aug 9, 2021
  • E005 - Enerxía II: O mercado enerxético en España

    Segundo capítulo dedicado ao tema da enerxía e coa colaboración de Alberto Fraga. Esta vez analizamos como funciona o mercado enerxético en España e en que consiste a interrompibilidade. Tamén falamos do papel das renovables e outras cuestións do sistema.

    1h 41m | Sep 14, 2020
  • E004 - Enerxía: A factura

    Este é o primeiro dunha serie de capítulos nos que falamos con Alberto Fraga sobre o problema enerxético en España. Neste primeiro capítulo facemos unha introdución sobre o concepto de enerxía e describimos o significado dos diferentes apuntes dunha factura eléctrica.

    53m | Jul 14, 2020
  • E003 Top 3 de Youtube

    Neste capítulo falamos do noso top 3 particular de canles de youtube. Polo menos esa era a idea orixinal. E digo isto porque ao final foinos imposible quedar só en 3, así que se estades atentos seguro que atopades algunha canle descoñecida e interesante para darlle unha oportunidade.

    1h 41m | Jun 21, 2020
  • E002 - Trucos para a aprendizaxe de linguas

    Neste capítulo, Denis, Juan e Rubén acompáñanme para debullar algúns dos trucos máis empregados polos políglotas na aprendizaxe de linguas

    1h 34m | May 29, 2020
  • E001 - O espertar do podcast

    Primeiro capítulo do podcast, que serve de introdución e no que manteño unha pequena conversa cos amigos do podcast. A charla xira primeiro en torno ao documental Last Dance (a redor do minuto 3:22), e logo falamos dunha anécdota entre Kobe Bryant e Luca Dončić (a redor do minuto 8:39).

    15m | May 22, 2020
Audio Player Image
Aquí hai tema
Loading...